Bulos e fake news


O alumnado de TIC I ten que realizar un traballo sobre unha problemática fundamental da nosa era da información: a imparable difusión de bulos e falsas novas dende Internet. É un tema complexo e convén ler con calma ao respecto, e ter moi claro que todos e todas axudamos á difusión de información falsa.
Unido a isto está o tema de que moita xente é incapaz de entender a economía dixital, e que poda haber moitas páxinas que gañen cartos tan só difundindo novas falsas (aínda que indiquen claramente que son falsas). É dicir, o analfabetismo dixital é unha das principais causas de difusión da falsa información.

Un vídeo moi recomendable é esta conferencia TED de Clara Jiménez, co-creadora da imprescindible plataforma maldita.es, unha páxina de referencia a nivel mundial en castelán para combatir esta plaga:

Comentarios

Entradas populares