Roteiro por Coia aberto ao público e nova web do Roteiro

O Xoves 18 de Outubro tedes a posibilidade de facer o Roteiro por Coia xunto ao profesorado do Coia 2 e veciños e veciñas que colaboran.
Sairemos do IES ás 17:00 h, visitaremos e comentaremos a Historia, toponimia, urbanismo... da zona do Resío (tamén chamada Rocío polas nosa autoridades), o lavadoiro, Castro Castriño, o polígono da Avenida Castelao e o parque da Bouza, onde remataremos sobre as 19:30 h. falando da importancia do movemento veciñal no pasado e presente do barrio.

Para calquera pregunta ou aclaración escribir a tecnocoia@gmail.com

Tamén aproveitamos para presentar a nova web do Roteiro (a antiga wiki xa non está en uso):

ROTEIRO POR COIA

Comentarios

Entradas populares