3 libros TIC para a biblio do IES

Dos diversos libros. cómics e pelis que recomenda o departamento temos 3 mercados e lidos ao longo deste curso que deberían ser de interese para profesorado e alumnado de Bacharelato. Os 3 permiten facer un análise profunda da relación Tecnoloxía-Sociedade na actualidade, que podemos resumir na coñecida sentenza de Melvin Kranzberg: " A Tecnoloxía non é boa nin mala, nin neutral".

Añadir leyenda
1.- EL FILTRO BURBUJA (Eli Pariser, Ed. Taurus): cómo la red decide lo que leemos y lo que pensamos, subtítulo que resume perfectamente o contido e un dos temas tratados en clase de TIC neste curso: se somos libres para escoller, como é que a maioría da xente "escolle" facer o mesmo, escoitar a mesma música, ver as mesmas pelis...Por suposto en calquera época estamos sometidos ás redes sociais, pero é interesante comprobar como o uso das redes sociais virtuais en vez de facernos máis libres e tolerantes está a lograr o efecto contrario: xente máis pechada nas súas ideas e menos aberta a recibir influxos externos., é dicir, a culturizarse.







2.- LOS NATIVOS DIGITALES NO EXISTEN (S. Luna e J. Pedreira (coords), Ed. Deusto): como educar a tus hijos para un mundo digital.
Escolma de artigos que combaten unha das metáforas que mais dano ten causado no mundo educativo. Efectivamente, os nativos dixitais non existen e o noso alumnado cada vez é menos competente no dixital pola sinxela razón de que non teñen que usar o ordenador na casa para xogar ou comunicarse, e que nas escolas o uso do ordenador é moi pouco e limitado (e por riba, o profesorado de Tecno, en especial os que apostamos polo software libre, asumimos as culpas da incompetencia dixital ;-)
Se coñecedes algún profe dos que repite coma un mantra que os rapaces saben moito de informática regaládelle este libro, por favor.


3.- LA IMPARABLE MARCHA DE LOS ROBOTS (Andrés Ortega, Alianza Editorial): un dos temas urxentes para tratar na sociedade, na política e na educación: a robotización imparable e irreversible da economía e do traballo. Estivemos tratando este tema en TIC coa peli EX MACHINA e é moi necesario facer unha análise CTS (ciencia-tecnoloxía-sociedade) no bacharelato para non limitarse a un enfoque disciplinario que non permite visualizar a complexidade do tema. Cando en Tecnoloxía nos limitamos a un enfoque técnico da programación e da robótica temos unha certa responsabilidade social se ocultamos as graves problemáticas asociadas a imposición destas novas tecnoloxías.A ausencia destes temas en TODOS os programas políticos das últimas eleccións da unha medida do preocupante do tema e a súa ignorancia.



Comentarios

Entradas populares