Roteiro por Coia: A Coia industrial
En colaboración con Espazo Alicerces, a Asociación O Torreiro de Coia e diversos veciños e veciñas do barrio organizamos unha serie de actividades a finais de Maio dentro do noso proxecto ROTEIRO POR COIA:
- exposición GALICIA INDUSTRIAL (elaborada por compañeiras de IES de Coruña e financiada por Fundación Barrié) na entrada do IES
- charla de antigos traballadores e traballadoras co alumnado de 1º bach. sociais
- faladoiro coa veciñanza (ver cartel)
- roteiro co alumnado polo barrio para visitar/lembrar as industrias do barrio nos anos 60
- elaboración dun mapa analóxico e outro dixital das industrias tradicionais do barrio
Comentarios
Publicar un comentario
Agredecemos utilizar, na medida do posible, as normas básicas de ortografía e gramática da lingua escrita