Brillante actuación do noso alumnado na competición de robótica da universidade

O alumnado de 4º ESO D e 1º bacharelato A tiveron unha destacada actuación na II Competición de programación robótica organizada pola facultade de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, sendo o instituto con maís equipos clasificados  para a rolda final (5 dos 7 que se presentaron).

Na entrada da facultade
Un equipo de 4º conqueriu o 2º posto (empatados cos 1º a puntos), e os 2 grupos de bacharelato quedaron nos postos 4º e 5º. Na opinión do alumnado o resultado podería ter sido incluso mellor de aplicarse unhas regras máis lóxicas (por exemplo, os 3 grupos de 4º tiveron que enfrontarse entre si na rolda final).
Carlos Vilas a piques de iniciar a 1ª proba
Subcampións de Galicia

Comentarios

Entradas populares