2 novelas, 1 cómic e 1 ensaio para videoxogadores

Os 4 poden atoparse na biblioteca do IES ou na aula de informática.

  • (novela)READY PLAYER ONE: unha novela das que lle gusta a todo o mundo (e xa lle teño preguntado a varios alumnos que a leron), engancha por dinámica coma se fose un xogo do Zelda. Para os amantes dos videoxogos clásicos pixelados, dos RPG ou do League of Legends isto debería ser lectura obrigatoria.


  • (novela) ARMADA: do mesmo autor, novidade recente en castelán, sería para os xogadores de naves espaciais, de estratexia, multixogador online e similar. A nivel persoal (debido que a min o que me gusta son os xogos pixelados ;-) podo comparalo cos relatos de Asimov e Clarke (a verdade é que o final debería pagarlle royalties a estes autores ;-), e decir, ciencia ficción con toque humanista e progresista, algo sempre necesario.

  • (cómic) ASSASSIN'S CREED: aínda que non xoguei (de momento ;-) me consta que esta franquicia de xogos ten unha historia interesante detrás, unha mistura de historia, thriller e ciencia ficción. Neste caso son 5 comics que adaptan parte da trama central. Non vou decir que sexan unha maravilla pero están a gustarlle aos alumnos que coñecen o xogo.

  • (ensaio) EXTRA LIFE: aínda que non é probable que o alumnado vaia achegarse a un ensaio, neste caso deberían facer unha excepción, pois este magnífico libro son 10 capítulos independentes, cada un centrado nun videoxogo famoso (dende Tetris a Call of Duty), polo que podes ler so que o che interese. Recomendo en especial o capítulo dunha antropóloga sobre o GTA - San Andreas, e como ese xogo permite achegarse dun xeito profundo (e complementario das pelis e libros "serios") á cidade de Los Ángeles. Isto xa é decir moito dun dos videoxogos que ten xenerado máis polémica nos mass media.

Comentarios

Entradas populares