4 cancións "denunciando" ás TIC e o seu uso

Imos escoitar algunhas cancións na clase de TIC que falan da nosa sociedade, dos nosos medios de comunicación e de nós coma usuarios dos medios de comunicación (aquí incluimos internet, obviamente). Se coñecedes algunha canción similar deixade un comentario, grazas.

The revolution will not be televised - Gil Scott Heron:


un clásico absoluto, da música, do word spoken e do activismo cultural, reinterpretado imnumerable número de veces (se preferides unha versión máis rock recomendo a de Experience, en francés). Por suposto é fundamental LER a letra. Podes facelo AQUÍ, neste mesmo blog.
Coma é un clásico pode falar da nosa época de igual xeito que cando se escribiu, pero é interesante tamén coñecer o contexto da súa época (enfrentamentos raciais, blacks panters, Nixon...).




Multiviral - Calle 13


"una noticia mal dada es un asalto a mano armada": isto é parte do que denuncia a canción e que debemos comenzar a plantexarnos na sociedade da información, a nosa sociedade (como se fan as novas? quenes toman as decisións sobre elas? como se distribuien?...estas preguntas son básicas para entender a nosa sociedade). Este interesante videoclip dunha boa canción dun dos grupos actuais máis relevantes (non só no aspecto musical):




Existe outra versión do videoclip, rodada en Palestina.
A parte en inglés é unha colaboración con Julian Assange, o cal dalle máis realce á canción. O caso wikileaks e o posterior de Assange é un dos mellores exemplos do dificil que é interpretar a realidade. A letra en inglés di:

We live in the world that your propaganda made
But where you think you are strong you are weak
Your lies tell us the truth we will use against you
Your secrecy shows us where we will strike
Your weapons reveal your fear for all to see
From Cairo to Quito a new world is forming
The power of people armed with the truth



Redes sociales - Tote King

"quiero estar en todos lados, en todos lados, mamá...".
O mellor xeito (e o máis dificil intelectualmente falando) de enfrentarse a un problema é o humor e a ironía ou retranca. O autor sabe que non vai cambiar a realidade escribindo unha canción, pero pode rirse delo (e deste xeito cambiar o noso estado de ánimo, e polo tanto cambiar efectivamente a realidade; entendedes a paradoxa? ;-)



 

Apagha a tele - Dios ke te crew


Podes escoitar a canción orixinal AQUÍ o do vídeo é un remix:



Unha canción activista dun grupo que é máis que un grupo, unha organización de axitación cultural, todo un referente a nivel galego.

Podes estar dacordo ou non coas súas posturas, pero é importante reflexionar sobre a petición dos autores: "apagha a tele, faime caso, ou mellor tiráa pola ventá...". A loita contra da televisión (ou máis ben do seu uso) é algo de todos os paises e culturas modernas, e por algo será.

Comentarios

Entradas populares