BATAS AO PILÓN: interpretacións musicais

Como xa deberiades saber este curso misturouse o PROXECTO BATA co ROTEIRO POR COIA nunha actividade chamada BATAS AO PILÓN, onde pretendiamos rememorar o traballo das mulleres lavando e coidando a roupa, tanto na época dos lavadoiros (que aínda seguen a utilizarse), coma no presente que con maravillosas tecnoloxías como a lavadora áinda segue a considerarse unha actividade femenina. Houbo diversas actuacións no IES o día 25, e unha pequena instalación de sabas na entrada. De todo isto daremos conta nos vindeiros días nas wikis do PROXECTO BATA  e do ROTEIRO POR COIA.


De momento imos compartir parte da actuación musical do alumnado de 1º bacharelato musical, actuación dunha gran calidade artística, en especial a composición que fixo o alumno JOAQUÍN ELIOT DIOS da peza LAVANDEIRA DE NOITE:




Entradas populares