Black Mirror 3: podes recordar todo; quizais non sexa boa idea

(aínda non viches o capítulo?. A que agardas?)

(quen queira ver unha breve revisión-comentario do capítulo pode ler AQUÍ)

No capítulo 3 da primeira temporada de Black Mirror: The entire history of you, un maravilloso? avance tecnolóxico permite reflexionar sobre o noso presente, a característica principal da boa ciencia ficción. Si, o invento que permite gravar todo o que vemos e escoitamos é ficción (polo momento, xa veremos que pasa coas Google Glass), pero as situacións narradas son facilmente extrapolables ao presente:

- se os nosos recordos son contrastables (por que están gravados e son accesibles) isto serve como tecnoloxía de control social. Na escena do aeroporto vemos como o noso protagonista é "escaneado": a policia accede aos seus recordos para comprobar que non ten nada que ocultar. Estaremos dispostos a compartir coa policia e o goberno a nosa intimidade a cambio de "sentirnos" máis seguros?. Isto é unha pregunta retórica: xa o facemos, cada día un pouco máis. Estamos máis seguros, certo, pero a cambio de menos liberdade. A proba maís obvia é que os escáneres da policia poden vernos desnudos (físicamente), cousa que debería molestarnos como invasión da intimidade, pero cousa que preferimos obviar por motivos de seguridade.

(para tratar este tema algunha das referencias básicas son 1984 e V de Vendetta; no caso de que alguén esté interesado na socioloxía e filosofía contemporánea debe ler Vigilancia Líquida)

- se os nosos recordos son accesibles pode pasar algo coma o que sucede cando os amigos están a cear xuntos: que estemos revisando permanentemente o que aconteceu para extraer a interpretación correcta. Isto pode desencadenar todo tipo de comportamentos neuróticos. O noso cerebro ten un mecanismo evolutivo moi complexo de fixación selectiva de recordos. Unha tecnoloxía coma esta pode alterar físicamente o noso cerebro con consecuencias imprevistas. É un tema moi complexo para tratalo aquí (teño pendente de lectura Como funciona la mente) pero é algo coñecido que para recordar, temos que esquecer.



- un tema do capítulo pode pasar desapercibido: os protagonistas non ven programas de ficción en ningún caso nas múltiples pantallas, tan só as súas vidas. Isto xa é unha realidade parcial: multitude de espectadores prefiren as vidas reais antes que as de ficción. Dunha banda pasamos cada vez máis tempo observando a vida pública das nosas redes sociais (con Facebook como representante destacado); doutra, os reallity show dominan abrumadoramente o panorama televisivo (co contrapunto, afortunadamente para moitos de nós, das mellores series da historia da televisión). Tamén é un tema complexo, pero a xente, os espectadores, que pensen que NON necesitan da ficción, que chega coa realidade, teñen un serio problema cultural. O noso cerebro necesita historias, e se están ben contadas, mellor.

(o mellor exemplo, obligatorio de ver, segue a ser The Truman Show, que veremos na clase de TIC)

- un tema dificil de tratar: a sexualidade e as relacións de parella sometidas a unha tecnoloxía. Unha das mellores escenas (moi desasosegante, pero brillante) é cando os protagonistas teñen relacións sexuais reais PERO no seu cerebro están a recordar relacións sexuais anteriores, con eles mesmos, máis intensas e satisfactorias.


(Aquí poderiamos recomendar DON JON, peli recente que plantexa o consumo excesivo de pornografía na sociedade actual e a implicación coas relacións de parella)

O capítulo de Black Mirror ten o perigo de verse como unha defensa dos comportamentos de parella máis nocivos, os baseados na desconfianza (maioritariamente do home cara á muller), os malditos celos e as creencias na posesión da nosa parella.

(Spoiler) Como a historia contada dalle a razón ao home ao ser desconfiado coa súa muller, podemos pensar que o director-guionista está a defender un certo modelo de control da nosa parella. Para min iso sería unha mala interpretación, tan só avisa das implicacións de poseer unha tecnoloxía coma esta. Na actualidade podemos "controlar" a nosa parella revisando o whatsapp, os mails, os chats de google (están todos gravados),...pero iso non significa que teñamos que facelo, pois unha relación de parella deberá estar baseada na confianza mútua. Ben é certo que moitas parellas poden estar baseadas en enganos e mentiras, e aquí a tecnoloxía podería verse coma algo positivo, pois danos maís seguridade contrastar o comportamento da nosa parella. No fondo é o mesmo tema que o control social levado a unha escala individual: maior control grazas á tecnoloxía pode darnos máis seguridade pero a cambio de menos liberdade (podería sobrevivir a nosa relación de parella a un comportamento paranoico amplificado pola tecnoloxía?. A resposta é si, desgraciadamente para moitas mulleres que teñen que sufrilo "voluntariamente").

Para rematar e incitar ao debate sobre que poden ter de negativo tecnoloxías de gravación de recordos, está ben visualizar este vídeo belga:






Tal e como vemos no vídeo (vídeo real, non son actores) a nosa vida (ou unha parte significativa dela) está en internet, e é accesible. Teremos que acostumarnos a vivir con isto, para o bo e o malo. Comenzar con elevar os niveis de seguridade das ferramentas que utilizamos (navegadores, o sistema operativo, contrasinais,...) pode ser unha boa idea.

Entradas populares