Mesa redonda informativa sobre a LOMCE e reunión de MAREA VERDE VIGO

O vindeiro martes 11 de Xuño ás 20:00 h. farase unha reunión-mesa redonda informativa cos pais e nais do noso alumnado, e aberto a calquera persoa, para falar da LOMCE e por que o noso centro ven de reixetala. Tense enviado a seguinte carta en formato analóxico ás familias, e tamén un mail aos centros públicos de Vigo para invitar ao profesorado interesado en coñecer ou participar nas actividades de MAREA VERDE VIGO. A reunión de MAREA VERDE será ao rematar a mesa redonda, sobre as 21:00h. no salón de actos. Por suposto a convocatoria está aberta a calquera persoa interesada en colaborar.

Comentarios

Entradas populares