Documental TIC: manga e anime. Censurada a 2ª parte por infrinxir o copyright

Se queredes ver auténticos fans de cómics, manga e anime botade un vistazo a este documental en 2 partes, realizado por Ana e Eva de 1º Bach C, as alumnas máis lectoras que teño o pracer de coñecer.




Vaia, o 2º vídeo está denunciado por infrinxir o copyright e non aparece. Un bó exemplo para por en clase, e para falar da importancia das licencias creative commons. Isto pon de manifesto que o copyright debe evolucionar, é unha lexislación obsoleta que non recolle casos coma este: usar un vídeo alleo con carácter didáctico (e, colateralmente, tamén está a promocionar o material que aparece no documental, polo que a censura é doblemente absurda).
 
De todos xeitos intentaremos ofrecelo por outra vía :-)


Vos deixo as tomas falsas.




Comentarios

Entradas populares