Abrindo un debate necesario: regulación do móbil nos centros escolares

En TIC co alumnado de 1º Bach C e montaxe de Víctor Maneiro e María Martínez fixemos este vídeo coa intención de abrir un debate nos centros (e sobre todo no Consello Escolar, mentras non o peche a LOMCE :-)
A nosa proposta é moi clara: que pasemos dunha prohibición a unha regulación.
É obvio que os móbiles están a usarse para mal nos centros, pero tamén empeza a ser obvio que é unha ferramenta útil chea de posibilidades educativas e sociais.
Animamos aos nosos representantes no Consello Escolar a plantexar este tema, e a toda a Comunidade Educativa a reflexionar e facer propostas realistas.

Nota: o vídeo estaba previsto para levar máis material de informació e reflexión, pero por causas temporais quedou así. As críticas deben dirixirse únicamente ao profesor de TIC (tedes neste blog un apartado de comentarios).


Entradas populares