VENRES NEGRO NO IES




Mañán Venres un grupo de profesores e profesoras do IES decidimos comenzar cos MAREA NEGRA - VENRES NEGROS, movimento orixinado no Val Miñor que denuncia os recortes en Educación e a imposición da LOMCE como lei educativa non pactada nin consensuada.

Todos os Venres viremos vestidos de negro e manifestarémonos no primeiro recreo, ás 10:25 ata ás 10:40, na rotonda da rúa Baiona, antes da gasolinera.
A intención é que se vaian sumando o resto dos centros educativos da zona.
Animamos a todo o mundo, en especial aos pais e nais do alumnado do centro, a secundar esta movilización.

Máis información: http://mareaverdedoensino.blogspot.com.es/


Entradas populares