VENRES NEGRO, MAREA VERDE

O venres pasado un grupo de profesores e profesoras creamos a primeira onda da marea negra en Vigo, mobilizacións nas que pretendemos visibilizar o rexeitamento da comunidade educativa á LOMCE e aos graves recortes en educación.
A nosa esperanza é que se vaian sumando progresivamente outros centros da zona, tal e como se logrou facer no Val Miñor.
Para iso seguiremos a manifestarnos na rotonda da rúa Baiona os venres ás 10:25 (ata as 10:40, no horario do 1º recreo) e a solicitar que quen queira unirse veña vestido de negro

O resto das fotos poden verse nesta ligazón




Comentarios

Entradas populares