Visita ao MARCO e cinemagrafías

O derradeiro día de clase da 1ª avaliación a clase de 1º bacharelato B asistiu no MARCO á exposición Á BALEA NEGRA, centrada no tratamento informativo e artístico do Prestige e doutras catastrofes petroleras. Coma o suceso concidiu coa inauguración do museo, esta exposición tamén conmemora o seu décimo aniversario.
É moi interesante que nunha exposición poidan observarse os dous xeitos de achegarse á realidade: a "científico-informativa-obxectiva" e a "artístico-emotiva-subxectiva" e comprobar que necesitamos ambas visións na nosa formación cultural. A exposición estará aberta ata o 31 de marzo.
Durante a visita pusen en práctica unha aplicación coa tablet para facer CINEMAGRAFÍAS: fotografías nas que hai unha parte animada. Informáticamente falaríamos dun arquivo GIF animado parcialmente. É unha cousa sinxela de facer cos programas de retoque tipo GIMP, pero da gusto poder facelas tan rápidas e sen pararse a estudar :-)








Tamén deixo algunhas fotos tradicionais, incluindo algunha panorámica, exercicio que vaise facer en clase no 2º trimestre e que tamén pode automatizarse coas cámaras modernas ou coas tablets.


Comentarios

Entradas populares