MINDFLEX, o futuro das interfaces e da concentración mental

Pedro, de 1º Bach. B, probando o MINDFLEX
Estivemos probando en clase de 4ª e de TIC o MINDFLEX, un xogo no que moves unha pelota "co poder da mente": un sensor similar aos dos encefalogramas mide a diferencia de voltaxe entre a frente e os lóbulos das orellas, diferencia que será variable no tempo; esta diferencia convírtese nun sinal WIFI que vai ata o receptor que aumenta ou disminue a intensidade dun ventilador eléctrico que se utiliza para facer levitar a pelota. Movendo de posición o ventilador (de xeito manual) podes facer distintos percorridos coa pelota. No exemplo da foto Pedro tiña que facer canasta.
O xogo de inicio é sinxelo, pero se te marcas obxectivos coma nun videoxogo (por exemplo, medindo o tempo que tardas en facer canasta e comparalo cos dos teus amigos e amigas) pode ser complicado.


Este xogo é relevante polo novidoso no seu control, abrindo unha porta a futuras aplicacións tanto nos xogos como nas comunicacións home-máquina (i.e., interfaces).

No futuro inmediato a comunicación coas máquinas (non só ordenadores, senón calquera automatismo controlado electrónicamente) irase diversificando. De momento limitámonos a comunicación táctil (teclas, pantallas, rato,...) pero van en aumento as comunicación via audio (mans-ceibes nos móbiles e navegadores, apps e programas que respostan á conversa tipo Siri,..). O paso seguinte serían as comunicacións co resto dos sentidos humáns, en especial a visión, para rematar nunha comunicación directa a traveś do cerebro. Pode parecer CF pero tamén o serían as pantallas táctiles ou os e-readers fai 20 anos. En clase precísamente limos o prognostico deste ano de IBM en canto á evolución das tecnoloxías, onde auguran que en 5 anos as máquinas serán quen de ver, escoitar e olfactear. Xa veremos :-)

En canto á tecnoloxía do MINDFLEX o meu prognostico é que será habitual un entrenador mental similar a este xogo, co cal poderías mellorar o teu nivel e capacidade de concentración. A fin de contas o nivel e capacidade de concentración mental é un dos factores que máis influe no rendimento escolar, pero é un tema do que se fala pouco e mal nas escolas (curiosamente, neste tema non ten habido evolución tecnolóxica relevante, recurrindo a maioría dos estudantes - e adultos en xeral- a sustancias químicas para aumentar o seu grao de concentración: café, tabaco, drogas legais e ilegais,...). Xa veremos tambén :-)





Comentarios

Publicar un comentario

Agredecemos utilizar, na medida do posible, as normas básicas de ortografía e gramática da lingua escrita

Entradas populares