DÍA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA EN GALEGO

O pasado día 5 de Novembro celebrouse no IES unha interesante iniciativa que serve ao obxectivo de reivindicar a ensinanza das Ciencias e da Tecnoloxía en galego (lembremos que o actual decreto da Consellería de Educación é moi restrictivo ao respecto, impoñendo o castelán coma lingua obrigatoria nestas asignaturas).
Nesta data proponse que o alumnado se convirta en profesorado por un día, expoñéndo e explicando diversas prácticas do eido científico e tecnolóxico.

Aquí deixamos unha breve montaxe coas actividades dos departamentos de Física e de Ciencias Naturais. Noutro vídeo irán as actividades do departamento de Tecnoloxía.
NOTA: hai un pequeno fallo co audio na práctica do refresco e os Mentos, corrixiremola en breve.



Comentarios

Entradas populares