roteiro polo barrio e geocaching

Aquí vos deixo as fotos que realizou Thais (4º B) o pasado venres no percorrido polo barrio, e que será o primeiro de moitos, pois vimos de elaborar, varios profesores dirixidos por Ana Álvarez, un traballo que servirá para coñecer millor o noso barrio. Eu estou a darlle forma á web do proxecto.
Tamén fixemos un primeira proba co xogo de Geocaching, pero xa falaremos diso máis adiante.
Por certo que a música que escoitades é da maqueta dun proxecto de Alex Da Rocha e Nico, CIUDAD DE UNO. Estilo post-rock, con clase e elegancia. Unha aperta e moitas felicitacións para eles.

Comentarios

Publicar un comentario

Agredecemos utilizar, na medida do posible, as normas básicas de ortografía e gramática da lingua escrita

Entradas populares