Novelas recomendadas: 2044


Esta nova novela de ciencia ficción en galego pasa a formar parte das lecturas recomendadas polo departamento, e próximamente teremos novas ao respecto.

Copi e pego a referencia que aparece na páxina de Cultura Galega:

Unha sorprendente historia de ciencia ficción. Unha novela orixinal, fresca, intelixente e imaxinativa.

Ano 2044. Achégase o aniversario de Lena. Cal será a sorpresa preparada para os amigos e as amigas polo seu pai? Cada ano sorpréndeos dun xeito diferente. Pero o que vai pasar este ano ninguén podía imaxinalo… de feito, incluso pode ser que todos perdan a vida. 2044 é unha novela futurista que nos mergulla nun universo de realidade virtual no que, para sobrevivir, os protagonistas van ter que descifrar o estraño significado dunhas pistas e enigmas baseados en números enigmáticos. Unha novela de intriga nun universo probable que pode chegar a ser tremendo. Os protagonistas non saben onde remata a realidade e comeza o universo virtual… Ti verás que tampouco.

Comentarios

  1. Profe, estoy conectando los blogs de los de clase
    asi que me ayudaría que siguieses mi pagina para ayudar en el proceso xd
    un saludo
    http://davidmiraku.blogspot.com/

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Agredecemos utilizar, na medida do posible, as normas básicas de ortografía e gramática da lingua escrita

Entradas populares