PECHAS AS PORTAS

Aquí abaixo tedes o primeiro vídeo realizado na asignatura TIC neste curso. Foi feito para participar no concurso Tuenti PLAN CONTIGO da Garda Civil e plantexa algúns dos perigos que podemos ter na vida virtual (que son, por suposto, os mesmos que na vida real). En especial o perigo de suplantación de identidade é relativamente habitual, en parte polas malas prácticas informáticas de moitos usuarios (deixar sesións abertas, utilizar Windows, etc,...
Dende aquí felicitamos ao director e montador, DANIEL PRIETO, e a toda a clase de 1º Bacharelato E que participaron actívamente na realización. Por suposto poderíase mellorar o vídeo, pero antes de facer críticas lixeiras queremos matizar que o proxecto desenvolveuse nunha única semana (4 clases).

Comentarios

Entradas populares