ELIZABETH

La delgada línea entre Eros y Thánatos foi o primeiro traballo de vídeo realizado na asignatura de TIC, 2 cursos atrás. Desgraciadamente foi un tanto fallido, en especial por que non houbo tempo de editar o audio convenientemente, e por riba moitas tomas están feitas á primeira, sen posibilidade de repetila ou siquera de aprenderse ben o guión. Ademáis o guión quedou un tanto confuso, con moitos referentes literarios que complican innecesariamente a historia (non vos perdades ao profe de literatura :-).
Aínda así o traballo pode ter certa gracia, tanto para o alumnado do IES en xeral, como para os de TIC aprender dos erros (e dos acertos). En fin, agardamos a vosa opinión.
Recomendamos velo a escuras e co son do ordenador ben alto. Dende aquí adicamos o vídeo a 2 ex-alumnas, Raquel Sarmiento e Rebeca Castiñeiras.

Comentarios

Entradas populares