CREATIVE COMMONS


Temos en marcha diversos proxectos de vídeo en TIC e un dos problemas básicos é o copyright da música (ou das imaxes cando necesitamos utilizalas, por exemplo para un documental).
A solución pode ser:
  • utiliza material rexistrado, pero só como traballo de clase (hai dereito ao uso educativo e o chamado dereito de cita, bastante restrictivo; pero coa actual lei, chamada Lei Sinde, non está moi claro o tema).
  • se queres difundir o teu material (por exemplo en youtube ou nun concurso) busca material copyleft, que teña licencia CREATIVE COMMONS. Ista é a mellor solución. Para aclarar este concepto o mellor é visualizar este vídeo:

¡Sé Creativo! from albertocc on Vimeo.

Para entender mellor o tema podedes ir á páxina oficial: CREATIVE COMMONS ESPAÑA e se necesitades recursos con esta licencia podedes usar o seu buscador: http://search.creativecommons.org/.
Para atopar música de grupos galegos o millor é ir ao principal sello (label) de música na Galiza: A REGUEIFA NETLABEL



Comentarios

Entradas populares