SALMA, o berro contra o patriarcado

A escritora támil (India) Salma estivo no instituto nas clases de Antropoloxía e Ética compartindo co alumnado as súas achegas e experiencias. Previamente traballouse nas clases a documentación que nos facilitou a ONG organizadora Implicadas no desenvolvemento, representada pola escritora e traductora María Reimóndez.
No vídeo pode verse a charla, presentada pola profesora de Ética, Chis.









A escritora estivo varios días na Galiza presentando a súa novela.


Copiamos a nova de XORNAL.COM:

A escritora Salma visita esta semana Galicia para presentar a súa novela Despois da medianoite, (Irandaan Jaamangalain Kathai), un fito na literatura tamil, traducida para o galego por María Reimóndez. Convidada por Implicadas/os no desenvolvemento, Salma viaxou dende Támil Nadu (un estado indio que conta con 65 millóns de habitantes) até Galicia para falar de primeira man desta súa novela, da súa realidade e do que implica ser muller, musulmá e escritora na India.
Na súa estancia en Galicia, Salma manterá contactos cos medios de comunicación galegos e desenvolverá un amplo programa de actividades, preparado por Implicadas/os no desenvolvemento, en colaboración con Xerais e diversos centros educativos e cívicos de Santiago e Vigo, cidades que visitará.
O mércores, a escritora visitará a asociación de mulleres ALBA en Santiago de Compostela. Nesa cidade, presentará a novela na praza de Cervantes ás 20.00 horas nun acto literario organizado en colaboración coa Libraría Couceiro. Ao día seguinte, trasladarase até Vigo e, tras u­nha serie de sesións informativas xunto a María Reimóndez no IES Alexandre Bóveda de Vigo pola mañá, a escritora presentará pola tardea súa obra en Librouro. A cita será ás 20.00 horas. O sábado, a escritora manterá tamén un encontro con autoras galegos.
Despois da medianoite supón un fito na literatura támil e propuxo un controvertido berro crítico dende o interior da minoría musulmá, un berro nidio e complexo. Cunha prosa de fiar moi fino, atenta ao detalle, aos tirapuxas de quen loita con forzas desiguais contra cumprir as normas e rachar con elas, a voz destemida de Salma axúdanos a penetrar no escuro, lonxe dos estereotipos e máis preto dun entendemento liberador.

Entradas populares