A REVOLUCIÓN NON SERÁ TELEVISADA, PERO SI ESCRITA E CANTADA



Hoxe morreu un gran poeta: Gil Scott-Heron, precursor lírico do rap. O seu grande éxito REVOLUTION WILL NOT BE TELEVISED mantén unha vixencia propia dos grandes clásicos, a pesar das numerosas referencias sesenteras. Unha desas cancións-poesías que poden acompañarte ao longo da túa vida, coma o LIKE ROLLING STONE de Dylan ou HOWL, de Ginsberg. No vídeo anterior unhas das versións que prefiro (en francés), a cargo de EXPERIENCE, un dos meus grupos de referencia.

Aquí poño a letra orixinal e unha traducción dun amable internauta (se alguén atopa unha versión en galego, que avise):

ACTUALIZACIÓN DA ENTRADA: pois en contra de todo pronostico (pesimista que son) si que temos versión en galego, deixada amablemente polo seu autor nos comentarios. Paso a sustituila pola de castelán por que penso que está máis traballada.

You will not be able to stay home, brother.
You will not be able to plug in, turn on and cop out.
You will not be able to lose yourself on skag and skip,
Skip out for beer during commercials,
Because the revolution will not be televised.

The revolution will not be televised.
The revolution will not be brought to you by Xerox
In 4 parts without commercial interruptions.
The revolution will not show you pictures of Nixon
blowing a bugle and leading a charge by John
Mitchell, General Abrams and Spiro Agnew to eat
hog maws confiscated from a Harlem sanctuary.
The revolution will not be televised.

The revolution will not be brought to you by the 
Schaefer Award Theatre and will not star Natalie
Woods and Steve McQueen or Bullwinkle and Julia.
The revolution will not give your mouth sex appeal.
The revolution will not get rid of the nubs.
The revolution will not make you look five pounds
thinner, because the revolution will not be televised, Brother.

There will be no pictures of you and Willie May
pushing that shopping cart down the block on the dead run,
or trying to slide that color television into a stolen ambulance.
NBC will not be able predict the winner at 8:32
or report from 29 districts.
The revolution will not be televised.

There will be no pictures of pigs shooting down
brothers in the instant replay.
There will be no pictures of pigs shooting down
brothers in the instant replay.
There will be no pictures of Whitney Young being
run out of Harlem on a rail with a brand new process.
There will be no slow motion or still life of Roy
Wilkens strolling through Watts in a Red, Black and
Green liberation jumpsuit that he had been saving
For just the proper occasion.

Green Acres, The Beverly Hillbillies, and Hooterville
Junction will no longer be so damned relevant, and
women will not care if Dick finally gets down with
Jane on Search for Tomorrow because Black people
will be in the street looking for a brighter day.
The revolution will not be televised.

There will be no highlights on the eleven o'clock
news and no pictures of hairy armed women
liberationists and Jackie Onassis blowing her nose.
The theme song will not be written by Jim Webb,
Francis Scott Key, nor sung by Glen Campbell, Tom
Jones, Johnny Cash, Englebert Humperdink, or the Rare Earth.
The revolution will not be televised.

The revolution will not be right back after a message
bbout a white tornado, white lightning, or white people.
You will not have to worry about a dove in your
bedroom, a tiger in your tank, or the giant in your toilet bowl.
The revolution will not go better with Coke.
The revolution will not fight the germs that may cause bad breath.
The revolution will put you in the driver's seat.

The revolution will not be televised, will not be televised,
will not be televised, will not be televised.
The revolution will be no re-run brothers;
The revolution will be live.
 
Non poderás quedar na casa, colega.
Non poderás acender, conectar e evadirte.
Non te poderás perder ca heroína e saír,
saír por unha cervexa durante os anuncios,
porque a revolución non será televisada.
A revolución non será televisada.
A revolución non será patrocinada por Xerox
en catro partes sen interrupcións publicitarias.
A revolución non che mostrará fotografías de Nixon
tocando unha corneta nin levando a John Mitchell,
o xeneral Abrams e Spiro Agnew a xantar
tripas de porco confiscadas dun santuario de Harlem.
A revolución non será televisada.
A revolución non cha traerá o programa de cine da tele
nin a protagonizarán Natalie Woods e Steve McQueen nin Bullwinkle e Julia.
A revolución non logrará que a túa boca sexa sexi.
A revolución non te librará dos teus grans.
A revolución non fará que pareza que tes cinco quilos menos,
porque a revolución non será televisada, colega.
Non haberá ningunha foto contigo e Willie Mays
empurrando aquel carriño da compra rúa abaixo correndo coma foguetes
ou tentando meterdes aquel caro televisor nunha ambulancia roubada.
A NBC non predirá o gañador ás 8:32 nin o reconto de 29 distritos.
A revolución non será televisada.
Non haberá imaxes de porcos gardas derrubando
a negros na repetición instantánea.
Non haberá imaxes de porcos gardas derrubando
a negros na repetición instantánea.
Non haberá imaxes de Whitney Young
fuxindo de Harlem nun tren cun novo sistema.
Non haberá ningunha película en cámara lenta nin ningún cadro
de Roy Wilkens a pasear por Watts
cunha funda de traballo da liberación Vermella, Negra
ou Verde que el reservara
unicamente pra a ocasión apropiada.
As series de éxito da televisión
non serán tan condenadamente relevantes,
e ás mulleres non lles importará se finalmente Dick se traballa
a Jane na telenovela porque a xente Negra
estará na rúa a procurar un día máis brillante.
A revolución non será televisada.
Non haberá ningún momento estelar nas noticias das nove
nin imaxes de mulleres liberacionistas de brazos peludos
nin de Jackie Onassis asoándose o nariz.
A canción principal non a escribirá Jim Webb ou Francis Scott Key,
nin a cantará Glen Campbell, Tom Jones, Johnny Cash,
Englebert Humperdink nin os Rare Earth.
A revolución non será televisada.
A revolución non virá exactamente despois dunha noticia
sobre un tornado branco, un lóstrego branco ou a xente branca.
Non te terás que preocupar dunha pomba no teu cuarto,
un tigre na cisterna ou un xigante na taza do baño.
A revolución non irá mellor con Coca Cola.
A revolución non combaterá os xermes que causan o mal alento.
A revolución poñerate no asento do condutor.
A revolución non será televisada, non será televisada,
non será televisada, non será televisada.
A revolución non será unha reposición, colegas;
a revolución será en vivo.
(traducción: Enrique Gutierrez Miranda)


Entradas populares