ACTIVIDADES PROXECTO BATA: "VESTIDO NUEVO"

O Proxecto Bata continúa a desenvolverse este curso, con diversas actividades interdisciplinares propostas para traballar nas aulas durante o mes de Marzo relativas á igualdade de xénero e á identidade sexual. Unha das actividades, á que pode sumarse todo o profesorado que o desexe, sería visualizar na clase esta curtametraxe de Sergi Pérez e recoller os comentarios dos alumnos e alumnas por escrito para facer un mural. Se algún alumno desexa participar a nivel individual pode mandar as súas respostas a bataporfora@gmail.com. As preguntas propostas son:
  
    1. Que nome proporías para o que lle acontece a este neno?
    2. Explica a visión que teñen os adultos da situación. A que é debida esa visión?
    3. Sentícheste algunha vez coma este neno?. Cóntao.
    4. Coñeces algún caso similar ao desta situación?

Entradas populares