OÍDO CANIBAL: UNHA SERIE TIC

Como case que todo o mundo sabe, a creatividade audiovisual nos últimos anos está focalizada nas series de televisión, non no cinema (falamos de producción "popular"). Cadeas coma HBO teñen feita unha auténtica revolución nos hábitos de consumo de calquera que esté un pouquiño máis aló do fútebol ou dos reallity shows, esa plaga sen fin.
Poucas cousas máis gratificantes de que un humor intelixente (e culto) coma THE BIG BANG THEORY sexa respaldado pola audiencia.

E agora chegou o momento de poder recomendar unha serie española que non produza vergoña allea, dure menos de 1 hora cada capítulo, non saian protagonistas infantís e non fale da guerra civil. Tamén existe a serie de QUE FUE DE JORGE SANZ pero supoño que so é disfrutable por maiores de 30. OIDO CANIBAL pola contra é unha serie para o momento, para alumnos e profesores (de TIC). E como calquera producto do seu momento pode seguirse integramente por internet: http://www.canalplus.es/oido-canibal/ver-oido-canibal/

O tema?. 100% TIC: os hackers sociais. Podedes ler unha entrevista co director AQUÍ






Trailer de Oído Caníbal from Oído Caníbal on Vimeo.

Comentarios

Entradas populares