NON O ESCONDEMOS

O dpto. de Tecnoloxía ten o pracer de informar que un dos traballos realizados na asignatura de TIC polo alumnado de 1º Bacharelato D foi o gañador do 1º premio no certame de microvídeos NON O IGNORES, NON O XUSTIFIQUES, NON O ESCONDAS convocado polo Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo para tratar de fomentar unha maior implicación da sociedade diante da violencia de xénero.

Sergio, Sara, Xoel, Rebeca, Irene, Jorge, Sandra, Sergio e Alesander

A entrega do premio será no Auditorio Municipal de Vigo o Mércores 24, ás 19:00 h.. O xoves 25 celébrase o Dia Internacional contra da violencia de Xénero.

Ademáis de felicitar aos alumnos e alumnas premiados quiseramos  suliñar a importancia do fomento do traballo procedimental en grupo como medio imprescindible para conquerir unha ensinanza de calidade.
E aproveitamos para presentar un froito do traballo colaborativo interdisciplinar: a wiki do proxecto BATA POR DENTRO desenvolvido no IES o curso pasado.




Comentarios

  1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. un blog de "liberdade" donde se exerce a censura dende o primer comentario

      Eliminar

Publicar un comentario

Agredecemos utilizar, na medida do posible, as normas básicas de ortografía e gramática da lingua escrita

Entradas populares