CAMPIÓNS!

É un pracer e un orgullo comunicar que o curso de 4º B gañou a nivel estatal o concurso de vídeos sobre Ciencia e Tecnoloxía " A CIENCIA NA MIÑA VIDA", englobado no proxecto CASC e financiado pola Unión Europea. O premio é unha viaxe a Bruselas para presentar o vídeo.
Este vídeo realizouse a marchas forzadas nun par de clases de Tecno, incluindo o debate sobre os temas relevantes no progreso tecnocientífico. A carencia de medios técnicos non foi impedimento para que xurdiran as ideas e a creatividade (un pouquiño de autobombo, con perdón :-)


T.A.U. from tecnocoia on Vimeo.

Comentarios

  1. Parabéns polo premio, campións!

    Un saúdo
    María L (http://tecnoloxia.org)

    (Dani, tes que engadir a opción Nome/URL nos comentarios)

    ResponderEliminar
  2. Vendo o video de novo dinme conta de que fixemos unha obra de arte!

    O máis guapo era sen dúbida o marciano.

    ResponderEliminar
  3. Noraboa, Ticalumnos!!! disfrutade en Bruselas. Os da Cachada estivemos alí tamén este ano. Guai!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Agredecemos utilizar, na medida do posible, as normas básicas de ortografía e gramática da lingua escrita

Entradas populares