CICLO CINE CF REALIDADE 2.0

CUBE é a vindeira película no ciclo de cine. Proxectarase o vindeiro Luns día 12.
É a única peli do ciclo que poderíamos catalogar de serie B en canto ao presuposto, e que demostra que os cartos son secundarios diante das ideas e a creatividade.




Unha peli para geeks, amantes da CF, das matemáticas (si!) e do traballo en grupo así como para interesados nas filosofías contemporáneas e postmodernas. Unha desas pelis das que podes sair MOI cabreado ou abalanzarte sobre a 2ª e 3ª parte (a segunda é máis do mesmo e a terceira é na que se explica, innecesariamente, case que todo).
(por certo, a peli está descatolagada en España e Portugal polo que non puiden mercala para botala en VOSE; menos mal que temos internet :-)

Entradas populares