Stop Gordofobia!: un proxecto de Imaxe e Son
Na materia de Imaxe e Son fixemos unha serie de vídeos temáticos que invitan a reflexionar sobre o principal motivo de insulto e acoso escolar (e social), pero que paradóxicamente está invisibilizado se o comparamos con outros coma o racismo ou a homofobia. Falar da gordofobia é un tema urxente nas escolas (e na sociedade) e convén separalo do tema da saúde e da obesidade (que tamén son urxentes e necesarios). Insultar a alguén por ser ou estar gordo é a primeira actitude de desprezo ao diferente (dáse xa como normal a partires dos 5 anos), ao que non está nunha norma que impón a sociedade e a cultura. A labor da escola é axudar a combater esas imposicións sociais poñéndolles un nome e falando criticamente delas.
Vídeo destacado do proxecto Stop gordofobia!
Declaracións reais dunha persoa que sufriu gordofobia
Parte do traballo xurdiu despois dunha visita co alumnado á ODS (oficina de dereitos sociais de Coia) onde puidemos conseguir o libro STOP GORDOFOBIA Y LAS PANZAS SUBERSIVAS, de Magdalena Piñeyro (editado por BALADRE). Grazas a todas elas polo seu traballo e conciencia social.
Comentarios
Publicar un comentario
Agredecemos utilizar, na medida do posible, as normas básicas de ortografía e gramática da lingua escrita