O alumnado de 4º ESO D e 1º bacharelato A tiveron unha destacada actuación na II Competición de programación robótica organizada pola facultade de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, sendo
o instituto con maís equipos clasificados para a rolda final (5 dos 7 que se presentaron).
 |
Na entrada da facultade |
Un equipo de 4º conqueriu o 2º posto (empatados cos 1º a puntos), e os 2 grupos de bacharelato quedaron nos postos 4º e 5º. Na opinión do alumnado o resultado podería ter sido incluso mellor de aplicarse unhas regras máis lóxicas (por exemplo, os 3 grupos de 4º tiveron que enfrontarse entre si na rolda final).
 |
Carlos Vilas a piques de iniciar a 1ª proba |
 |
Subcampións de Galicia |
Comentarios
Publicar un comentario
Agredecemos utilizar, na medida do posible, as normas básicas de ortografía e gramática da lingua escrita