SALMA, o berro contra o patriarcado
A escritora támil (India) Salma estivo no instituto nas clases de Antropoloxía e Ética compartindo co alumnado as súas achegas e experiencias. Previamente traballouse nas clases a documentación que nos facilitou a ONG organizadora Implicadas no desenvolvemento, representada pola escritora e traductora María Reimóndez.
No vídeo pode verse a charla, presentada pola profesora de Ética, Chis.
A escritora estivo varios días na Galiza presentando a súa novela.
Copiamos a nova de XORNAL.COM:
A escritora Salma visita esta semana Galicia para presentar a súa novela Despois da medianoite, (Irandaan Jaamangalain Kathai), un fito na literatura tamil, traducida para o galego por María Reimóndez. Convidada por Implicadas/os no desenvolvemento, Salma viaxou dende Támil Nadu (un estado indio que conta con 65 millóns de habitantes) até Galicia para falar de primeira man desta súa novela, da súa realidade e do que implica ser muller, musulmá e escritora na India.
Na súa estancia en Galicia, Salma manterá contactos cos medios de comunicación galegos e desenvolverá un amplo programa de actividades, preparado por Implicadas/os no desenvolvemento, en colaboración con Xerais e diversos centros educativos e cívicos de Santiago e Vigo, cidades que visitará.
O mércores, a escritora visitará a asociación de mulleres ALBA en Santiago de Compostela. Nesa cidade, presentará a novela na praza de Cervantes ás 20.00 horas nun acto literario organizado en colaboración coa Libraría Couceiro. Ao día seguinte, trasladarase até Vigo e, tras unha serie de sesións informativas xunto a María Reimóndez no IES Alexandre Bóveda de Vigo pola mañá, a escritora presentará pola tardea súa obra en Librouro. A cita será ás 20.00 horas. O sábado, a escritora manterá tamén un encontro con autoras galegos.
Despois da medianoite supón un fito na literatura támil e propuxo un controvertido berro crítico dende o interior da minoría musulmá, un berro nidio e complexo. Cunha prosa de fiar moi fino, atenta ao detalle, aos tirapuxas de quen loita con forzas desiguais contra cumprir as normas e rachar con elas, a voz destemida de Salma axúdanos a penetrar no escuro, lonxe dos estereotipos e máis preto dun entendemento liberador.

Comentarios
Publicar un comentario
Agredecemos utilizar, na medida do posible, as normas básicas de ortografía e gramática da lingua escrita